Buyo amosa en Pol o seu "orgullo por ser galego"

O exporteiro pregoou a Festa do Emigrante, na que se degustou unha becerra de 550 quilogramos
Paco Buyo, entre o presidente da Deputación, Dario Campos, e o alcalde de Pol, Lino Rodríguez
photo_camera Paco Buyo, entre o presidente da Deputación, Dario Campos, e o alcalde de Pol, Lino Rodríguez

A carballeira de Mosteiro acolleu este xoves unha nova edición da Festa ao Emigrante, que leva 34 anos sendo unha cita ineludible para moitos dos que tiveron que marchar lonxe da súa terra.

O programa de actos deu comezo cunha misa solemne, oficiada no palco e cantada polo coro Schola Gregoriana Lucensis. Tras ela, foi a lectura do pregón, a cargo do exporteiro Francisco Buyo Sánchez, que no seu discurso falou do "orgullo por ser galego", e do pracer que supón inaugurar unha celebración na que se honra "aos emigrantes que marcharon en busca dun futuro mellor".

O alcalde de Pol, Lino Rodríguez, destacou a necesidade que, no seu momento, tivo Buyo de deixar Galicia para labrarse un futuro no mundo do fútbol, e dixoque "coma el, moitos tiveron que deixalo todo para encamiñar a súa vida".

Despois chegou o tradicional descubrimento da placa, que nesta ocasión estreou localización, xa que na habitual, o palco da música, non queda sitio para máis. O segundo acto máis sinalado foi a baixada da grella na que se estaba a cociñar dende o día anterior unha becerra. O animal representaba, como dixo o alcalde, "a gran importancia que ten o gando vacún na zona".

En total, foron 550 quilos de becerra os que se repartiron en racións de forma gratuíta entre os asistentes, que, pasado o mediodía, xa alcanzaban un número elevado. Repartíronse unhas 1.500 racións e, de feito, da vaca só quedaron os ósos; xa que o cuarto traseiro, que parecía que ía sobrar, rematárono aqueles que decidiron repetir. 


Máis información na edición impresa de El Progreso deste venres

Comentarios