Pablo Bouza Suárez: ''Vilalba es mi patria poética, clave en mi trayectoria''

CHA1009P1F2-001.JPG
photo_camera CHA1009P1F2-001.JPG

Pablo Bouza suma cinco galardóns como gañador do Certame Literario organizado polo Concello de Vilalba dende hai xa trinta e nove anos. O seu último libro, ‘Os prilexios dos sonámbulos’, vén de ser recoñecido co primeiro premio nesta última edición.

AMANTE DA CULTURA, esta é a mellor frase que define a Pablo Bouza. Nado en Fene hai 48 anos, este poeta de alma puramente galega, conta cunha decena de premios ao seu lombo pola súa labor poética, sempre relacionada coa promoción e difusión da cultura a través dos seus escritos.

Que se sinte logo de ser galardoado por quinta vez no Certame Literario do Concello de Vilalba?

Vilalba é a miña patria poética. Tres dos meus cinco libros, contando a próxima edición deste último, ‘Os privilexios dos sonámbulos’, foron publicados por iniciativa do Concello de Vilalba, polo que esa vila é clave no desenvolvemento da miña traxectoria literaria. O meu agradecemento sempre será eterno, xa que sempre me sentín moi ben tratado e querido alí, tanto polos seus veciños como polos propios representantes municipais.

Como definiría, en poucas palabras, a súa última obra?

O libro pretende ser unha metáfora sobre esa parte oscura que habita en nós e da que a maior parte do tempo non somos conscientes. Pódese definir coma poesía existencial, na que me enfrento conmigo mesmo e cas miñas experiencias máis inmediatas.

DE PRETO
«Propuxéronme ler os poemas en vodas como sorpresa nupcial»

Un libro obrigado na cabeceira da cama?

Teño como referencia a poesía ‘Palabra sobre palabra’ do poeta Ángel González . No ámito da narrativa, ‘Los detectives salvajes’, de Roberto Bolaño.

A que dedica o tempo libre?

O pouco tempo libre que teño ocúpoo facendo deporte, que é unha das actividades que me gusta moito; cociñar para a familia, que me produce grandes satisfaccións, e compartindo tertulias. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios