La otra cara de las San Lucas

Carlos Blanco (Foto: AMA)
photo_camera Carlos Blanco (Foto: AMA)

Os cabalos sempre foron o prato forte das San Lucas de Mondoñedo, pero este ano os festexos tamén contan cun completo programa de actos entre os que destacan as actuacións do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e do grupo Di Elas, que encabeza o actor lucense Luis Tosar. Ámbolos dous concertos están previstos para mañá a partir das dez da noite na Praza da Catedral.

Pero non son estas as únicas actuacións que propón a comisión de festas, senón que tamén acudirán á cidade o cantautor ferrolán Andrés Suárez e o monologuista Carlos Blanco. Neste caso, as actuacións están previstas no auditorio ás oito da tarde o sábado e o domingo, respectivamente. A entrada da actuación musical custa cinco euros e a do monólogo tres. Para ámbalas citas pódese reservar praza no teléfono 608.87.61.23.

HOXE
Os cabalos chegan á feira polas rúas da cidade

Unha das estampas máis ancestrais destas feiras vívese esta tarde coa chegada dos cabalos á feira polas rúas da cidade. Os lugares preferentes para vela son a Ponte do Pasatempo, Os Muíños, a Praza do Seminario, A Praza da Catedral, a Fontevella, o auditorio e o Campo dos Paxariños. Completan a xornada o pregón a cargo de María Pernas e o desfile das San Luqueiras, que reúne a sete membros da familia Lombardía-Chaparrita. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios