Outeiro singular cheo de boas xentes

O verdor dos seus fermosos campos, o río Eo, a auga que brota das súas tres fontes... Son moitas as virtudes coas que conta o barrio ribeirego de Meiroi, no que a hospitalidade é o sinal de identidade da trintena de veciños que resisten ao paso do tempo

Xente hospitalaria e traballadora. Iso é o que un se pode atopar se despois de percorrer a LU-751 dende Meira colle un desvío por unha estrada zigzagueante ata chegar a Meiroi, un pequeno barrio da parroquia de San Xurxo de Piquín, cheo de encanto e de curiosidades.

O río é, como acontece en moitos outros lugares deste fermoso municipio caracterizado pola súa frondosa e verde vexetación, unha das pezas principais, dado que baña un barrio encravado en plena montaña, onde as vivendas se sitúan na parte máis alta, coroando un outeiro que conta cunhas vistas privilexiadas a un horizonte singular.

Comentarios