Oubiña perde 18 días de permiso ao acharse un móbil na súa cela

De Faro: ''O letrado de Laureano Oubiña remitiu un escrito moi crítico co xulgado central de Vigilancia Penitenciaria pola decisión de suspender ao seu patrocinado o goce de 18 días de permiso polo suposto achado dun teléfono na súa cela en Palencia''. En xullo tería que obter a condicional.

O galego Manuel Rico, entre os afectados polo peche de Público

Manuel Rico, xornalista nado en Alemaña en 1968 pero con raíces na Fonsagrada, é un dos afectados polo peche de Público, que saíu á rúa por última vez o venres. Rico, que era subdirector dese xornal, traballara en El Correo Gallego, El Mundo e o Grupo Zeta. E foi un dos impulsores do Colexio de Xornalistas de Galicia.

Unha parella de Ribeira leva case 80 anos casada, todo un récord
De La Voz: ''Amparo Pato e Sebastián Feliz, que viven en Ribeira (A Coruña), son un  matrimonio de récord. Levan casados 79 anos e aspiran a celebrar o 80º aniversario o 2 de xullo. Trátase da parella máis lonxeva de España e da segunda de Europa. Ela case
centenaria e el está a piques de cumprir os 103''.

Comentarios