Ou gran xestión ou populismo electoralista

NUNCA tiven responsabilidades de goberno nunha administración pública, e desde ese descoñecemento pregúntome como é posible que a alcaldesa da cidade máis endebedada de España poida baixar impostos cando desde hai anos se nos vén porfiando coa obrigatoria redución do déficit. E se iso ocorre en Madrid, algo parecido sucede na Comunidade Valenciá, que nos últimos catros anos dobrou a súa débeda, de 15.000 a 30.000 millóns, e porén o presidente anuncia que antes de que acabe a lexislatura minguará os tributos. Ou son uns linces xestionando o que non alcanza o resto dos mortais ou ofrecen un electoralismo abusivo co único fin de manterse no poder. Porque a liña marcada polo Goberno é inversa á que defenden estes dous dirixentes do seu mesmo partido, pero tamén os presidentes de Estremadura e Madrid. Ou falta criterio uniforme ou sobra populismo.

Comentarios