Xogador do Folgueiro

Óscar Pérez Meitín marcou de penalti e no desconto para lograr a vitoria

SEGUNDA GALICIA NORTE
Folgueiro_Oki
O Folgueiro aproveitou a derrota do San Ciprián para dar un paso ata a cuarta praza. Para iso derrotou ao Cabreiros por un claro 3-0. Na primeira parte dominaron os do Vicedo, creando ocasións en ataque e non permitindo en defensa. Puxéronse rápido por diante, cun penalti que converteu Óscar, e a medida que avanzou o partido igualáronse as forzas. O Cabreiros apertou ao comezo da segunda parte con varias ocasións. Óscar completou o resultado no desconto.