Ana Canto: ''Os Valuros va a más, este año casi somos 60 personas''

Ana Canto, na súa explotación. (Foto: C.P.)
photo_camera Ana Canto, na súa explotación. (Foto: C.P.)

Os Valuros veñen de presentar unha nova tempada na que rondarán os 60 membros. A súa presidenta dende sempre é Ana Canto, unha gandeira de Goberno que tamén anda metida en política, na asociación de mulleres e en calquera cousa para a que lle pidan axuda.

É presidenta da asociación Os Valuros dende os seus inicios, como naceu?

Hai 22 anos, no colexio Ramón Falcón de Castro de Rei. Naceu na clase de música do colexio, cando outra nai, Felicitas Freire, máis eu, xuntamos un grupiño de nenos que comezaron a actuar nas festas do colexio. Ao ir progresando foron saíndo tamén ao exterior e ata hoxe.

Que balance fai destas máis de dúas décadas?

Positivo sempre, foron e son moitas festas e moita alegría. Síntome moi nova ao lado deles e fanme sentir que merece a pena. É unha satisfacción estar á fronte dos Valuros.

Como está a canteira?

Cada ano vai a máis. Medramos, e iso é moi positivo. Non sei o futuro que nos agarda pero de momento temos case 60 persoas, entre elas un montón de nenos pequenos e tamén xente maior, e cunha renovación constante. Os únicos que quedamos dos inicios somos o meu fillo máis eu.

DE PRETO
«Teño cerca dun cento de figuras de saxofonistas de distintos países»

Un lugar.

A Terra Chá no seu conxunto.

Unha festa ou evento predilecto.

Evento, o Entroido de Val de Francos, e festa, calquera dun lugar pequeno.

IMPUTACIÓN. «Aínda hoxe, pasados 4 anos, non sei o delito que cometín»

  • Como se leva estar imputada?
  • Con impotencia e tristeza. Véñenseme moitos calificativos á cabeza, como inxustiza.
  • Pensou en dimitir?
  • Non, nunca me veu á cabeza porque a miña conciencia está tranquila. Non sei como o verá a xente pero eu sei que non teño motivos para dimitir porque non fixen nada fóra da lei. Só traballei para facer as cousas o mellor posible. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios