Jaime Facúndez: ''Las brezos en otros países se valoran mucho y aquí no se consideran''

Jaime Facúndez. (Foto: AMA)
photo_camera Jaime Facúndez. (Foto: AMA)

A calidade e boa conservación das breixeiras e das turbeiras que hai nos montes entre Viveiro e Xove é un dos elementos destacados do traballo que fixo Jaime Facúndez, co que pretende dar a coñecer a vexetación da comarca e as súas posibilidades de explotación.

JAIME FAGÚNDEZ é consultor ambiental, ademais de investigador e profesor de bioloxía na Universidade da Coruña.

De onde nace este estudo?

Parte do proxecto do parque eólico de Viveiro, que está dentro do LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) Monte Maior, que colle os altos dos montes ata San Roque. Entre as cousas que se fixeron para compensar o impacto do parque eólico hai un proxecto de divulgación dos valores naturais, e a min tocoume facer o estudo de flora e vexetación.

Quen o promove?

Iberdrola, que é a empresa que fixo o parque, financia o estudo e tamén os concellos nos que está, que son Viveiro e Xove.

En que consiste o estudo en si?

É unha recopilación da flora e das unidades de vexetación e prantas que hai na zona, resaltando aquelas que teñen máis interese por ser endémicas ou por ter distribucións máis restrinxidas.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios