Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

Os Tonechos volven verse as caras para facernos rir no 'Land Rober'

Os Tonechos
Os Tonechos
O espazo da TVG celebra este xoves o seu programa número 100

Land Rober Tunai Show celebra o programa 100 en antena e nesta ocasión tan sinalada o espazo da noite dos xoves fará realidade o reencontro máis agardado da historia da Televisión de Galicia, xa que recibirá a visita de Víctor Fábregas.

O mítico compoñente de Os Tonechos pintará a mona na que será a súa primeira actuación co presentador Roberto Vilar tras a separación do dúo cómico.

Roberto Vilar, Víctor Fábregas e o guionista e escritor Xavier Manteiga coincidiron no programa de televisión Con perdón, que realizaba bromas a cidadáns anónimos mediante o sistema de cámara oculta. Este programa emitíase na TVG, e foi nesa cadea, no Luar a partir de 2002, onde apareceron con intervencións de pequenos sketches cómicos.

Despois dunha longa traxectoria nesta emisión de variedades, dedicáronse a facer especiais para logo ter un programa propio, O show dos Tonechos que empezou o 18 de abril de 2005 e no que apareceron personaxes novos.

Na ficción, Tonecho e Tucho son pai e fillo, a nai chamábase Maribel interpretada por Mariana Carballal e a avoa Amadora, interpretada por Dorotea Bárcena.

Os Tonechos volven verse as caras para facernos rir no 'Land Rober'
Comentarios