Los socialistas llevarán al pleno en Sarria una moción contra la ley del aborto

O grupo municipal socialista no Concello de Sarria presentou unha moción na cal insta ao Goberno central a «retirar inmediatamente e non continuar a tramitación» do anteproxecto de lei orgánica polo que se pretende revisar a lexislación vixente sobre o aborto. A proposta debatirase no vindeiro pleno ordinario, que se celebrará o día 31.

Segundo din, a nova normativa sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo «só suporá un grave retroceso de máis de 30 anos para a lexislación española neste ámbito».

«Situaría a España como unha excepción en toda Europa», engaden os socialistas, segundo os cales este «retroceso normativo» colocaría ás mulleres españolas «na clandestinidade» e afectaría tamén á súa seguridade xurídica e á dos profesionais do sistema de saúde, «así como á garantía no acceso ás correspondentes prestacións sanitarias».

Comentarios