Las Médulas, León de oro

Restos do castro de Orellán.
photo_camera Restos do castro de Orellán.

Di Engracia que di unha lenda que o espazo que ocupa hoxe o lago Sumido era un dos grandes pobos do Bierzo, cuxo xefe, Medulio, era tan admirado como temido. Medulio tiña unha bonita filla de ollos azuis e cabelos loiros, Boremia, á que ordenou agocharse nas fragas coa chegada dun fero contricante, o romano Carusio, que pretendía aquelas terras para el. Boremia obedeceu e pasou soa longos e tediosos días. Ata que apareceu Carusio. Consolouna. Díxolle que non houbera ningunha batalla, que só fora un mal ententido. Pero todo era unha mentira para seducila, como ao final fixo. E ao final, Boremia atopouse coa súa aldea destruída. Tanto chorou que as súas bágoas formaron o lago no que algúns din que aínda hoxe a ven convertida en ondina ou peiteando os seus fermosos cabelos na noite do San Xoán.

«Al final, los visitantes se quedan más con la leyenda que con todo lo que les explico sobre el lugar y lo que se hizo aquí», di entre risos Engracia Puerto, unha das guía do Centro de Visitantes de Las Médulas, ese espazo marciano do Bierzo leonés. Entre a investigación e a lenda defenden tamén algúns a súa conexión coa construción da muralla lucense -como un grande cofre para gardar tesouros, neste caso ouro-, aínda que a guía opina que isto tamén pertence ao país dos contos.

Las Médulas son únicas e singulares, unha paisaxe creada polo home -os romanos-, cuxo territorio ocupa 6.000 hectáreas.

Eses penedos cor arxila, vermellos ou alaranxados segundo pete o sol, constitúen as ruínas da maior explotación mineira de ouro ao aire libre do Imperio Romano, que funcionou precisa como un reloxo dende o século I ao III da nosa era.

«No es una mina agotada», suliña Engracia, só que agora é un espazo protexido: é parque cultural, espacio natural e no 1997 foi declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade.

Atendendo ás xenerosas explicacións que Engracia ofrece costa arriba, pola senda de Las Valiñas (duns tres quilómetros), o que fixeron os romanos foi estoupar literalmente unha montaña cun espectacular e enxeñoso sistema hidráulico. A agua conducíase dende montañas máis altas e distantes a través de canais furados na rocha, que cun desnivel inferior ao un por cento chegaban, nalgúns casos, aos cen quilómetros.

O chamado sistema ‘ruina montium’ consistía en escavar na montaña (neste caso en terras de aluvión con pepitas de ouro: máis propicio non podería ser) galerías en forma de letra ele cegas, é dicir, sen saída. Logo introducíase unha grande cantidade de auga nelas, de xeito que a compresión do aire provocaba a demolición. E así unha vez e outra.

Foi tan inmenso o traballo que para posibilitar os lavados auríferos se chegou ao peche do val, de xeito que a arxila fixo un muro de contención e deu lugar ao lago Carucedo. Cun perímetro de catro quilómetros e casi 70 hectáreas de extensión hoxe é unha reserva de aves acuáticas e esteparias.

A paisaxe non foi o único que modificou esta megaexplotación mineira. A ocupación romana tamén mudou o xeito de vida dos castrexos, que non pasaron a ser escravos, pero si traballadores das minas.

Incluso interferíuse na propia construción dos castros, como no caso do de Orellán, que non ten muro defensivo como nos xenuínos. Foi transformado nun emplazamento para obreiros metalúrxicos que fabricaban as ferramentas necesarias para a explotación.

Os restos escavados sitúanse nun alto, a un quilómetro e medio do pobo de Orellán. Accédese a pé por unha pendente duns cincuenta metros.

Nel apréciase a división das estancias, a apertura de beirarrúas para conducir as aguas e así evitar inundacións, así como os restos dunha forxa.

Castiñeiros

A ruta de Las Valiñas, entre numerosos carballos e, sobre todo, castiñeiros -importados polos romanos para a alimentación e sinal de identidade da zona- está cheo de cantos rodados, vestixios deses canais de lavado que modelaron unha paisaxe hoxe cuberta co contraste dunha vexetación que loce carqueixas, xaras ou uces no seu vestido primaveral.

«Es muy parecida a la de Galicia», comenta Engracia, quen engade que cos máis cativos rise moito cando lles fala dos «robles» e eles contestan: «Iso non é un roble, é un carballo».

Como dato, apunta que a maioría de visitantes son galegos, aínda que Las Médulas atraian co seu encanto a xentes de todo o planeta. «Hace poco vino una televisión china y hacía de traductor un estudiante del Cervantes. No entendían nada, pero eran muy simpáticos», bromea de novo Engracia, que fai honra ao seu nome.

O Centro de Visitantes, no corazón de Las Médulas, e no pobo do mesmo nome, ofrece ao viaxeiro información e visitas guiadas, igual que a Aula Arqueológica.

Abriu no 2005 e funciona todos os días do mes, todos os meses do ano, excepto do 22 de decembro ao 7 de xaneiro.

Actualmente traballan nel seis guías, todas mulleres, que visten un polar laranxa (a xogo coa contorna) e túrnanse para atender ás miles de visitas que reciben ao ano (o pasado foron 22.000 persoas). «Este mes ya tuvimos 42 grupos», di Engracia, e a ponte do primeiro de maio ten moitas reservas.

Fina Gómez, propietaria do complexo rural Agoga, colgou hai un días o cartel de completo. Unha mostra do importante que son Las Médulas para un pobo que non chega ao cento de habitantes e que vive exclusivamente do turismo.

A vista de paxaro

Os pináculos roxos de Las Médulas acadan o seu esplendor, dende arriba, no mirador de Orellán, a uns mil metros de altitude. Lugar para facer a típica postal panorámica.

A pé, a paraxe transfórmase nunha especie de plató de cine, que tanto lembra ao ‘far west’ como a mítica saga de ‘Star Wars’. A Cova Encantada, con saída ao fondo, é un dos lugares preferidos dos visitantes, xa que moitos se atreven a trepar polas pendentes e investigar nas galerías. Eso si, como advirte Engracia, «a risco de cada un».

«Se calcula que se movieron cerca de cien millones de metros cúbicos de tierra durante los doscientos años que los romanos estuvieron aquí, y que se extrajeron cinco toneladas de oro, que era destinado principalmente a la fabricación de su moneda, el áureo, que pesaba 7,8 gramos», precisa Engracia.

«Fue tan importante esta mina que una legión, la Legio VIII se ubicó al completo en la zona para controlar el movimiento del oro que se extraía de la mina. De ahí viene el nombre de León», continúa.

Máis incerto é a orixe da denominación de Las Médulas. Están os que vencellan o nome co disputado monte Medulio, o Monte Sagrado, onde se librou a nai das batallas entre galaicos e romanos, e na que os primeiros resultaron moi mal parados. Asturias, Galicia, Cantabria e Castilla y León pelexan aínda hoxe polo lugar onde se ergue a mítica montaña. «A veces hay discusiones aquí con los visitantes: que si es nuestro, que si es vuestro... Dicen ahora que estaría en Os Ancares, y como tenemos parte Galicia y León, pues lo compartimos».

Las Médulas véndense soas, pero a hostaleira Fina Gómez considera que debería haber un único plan de xestión de conxunto para unha maior posta en valor. «Faltan infraestructuras, falta alumbrado, habría que tener un plan para restaurar las vivendas rurales...», son algunhas das súas queixas, aínda que recoñece que a xente marcha encantada. «Las visitas guiadas son un éxito». Quizáis por iso lle dea tanta carraxe que «las instituciones no se impliquen más».

Esta muller peleona senteza: «Si yo tengo esto delante y no sé aprovecharlo es que soy una nulidad o muy vaga».

Co pelo crecho e loiro sorrí para a foto coas Médulas de fondo e recoñece máis relaxada que é un privilexio ter un balcón dende poder gozar das vistas. «Sí, soy una privilegiada».

Montefurado, o perfecto complemento

O túnel de Montefurado, no concello lucense de Quiroga, serviu de mina complementaria á de Las Médulas. Trátase tamén dunha inmensa obra de enxeñería, xa que neste caso, os romanos construíron na rocha un túnel de 80 metros de longo e 20 de ancho, desviando o curso do río Sil e facilitando o depósito de areas auríferas.

Vía Romana XIX

Esta calzada romana, que vai de Braga a Astorga, pasando por terras lucenses, foi a autopista do ouro de Las Médulas.

Reservas

O Centro de Visitantes ofrece, ademais de visitas guiadas, unha área de descanso e un espazo de tenda. Os teléfonos de información e reserva son o 987.420.708 e 619.258.355. A dirección de correo electrónico é [email protected].

Os prezo da visita guiada, que dura unhas dúas horas, é de 3 euros a individual e de 2 euros a de grupos. Os nenos non teñen que pagar nada.

Comentarios