sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

Os produtores de horta locais retoman no verán o mercado dos domingos

Presentación da iniciativa. (AMA)
Presentación da iniciativa. (AMA)

A asociación A Sucadoira e máis o Concello de Ribadeo volven a unirse un ano máis para dar paso á apertura do mercado dos domingos. O primeiro día no que comezará esta campaña será mañá e continuará celebrándose cada domingo ata finais do mes de setembro.

Tras once anos con esta iniciativa, e ante a boa acollida que ten entre a veciñanza, o evento repetirase ao longo de cada mañá de domingo na explanada exterior da praza de abastos, no mesmo centro de Ribadeo. O horario do mesmo será de nove da mañá a dúas da tarde.

Consiga AQUÍ la información completa

Os produtores de horta locais retoman no verán o mercado dos domingos
Comentarios