Los privilegios del rural chairego

Naceron e criáronse na cidade alleos á liberdade e aos costumes propios do rural, mais grazas a iniciativas coma a que organiza a Fundación Francisco Giner de los Ríos poden gozar dunhas vacacións ao aire libre e rodeados do mellor da comarca chairega.

Así, o albergue rural Garabullos, asentado na parroquia de Sistallo, en Cospeito, acolleu durante as dúas últimas semanas e ata hoxe a preto dunha trintena de nenos entre os seis e os 13 anos de idade, procedentes todos eles de Madrid, agás Manuela. Esta pequena parisina segue os pasos do seu irmán, que cando era máis cativo tamén participaba nestes peculiares campamentos. «Estos campamentos se transmiten de generación en generación, lo que nos hace sentir orgullosos de nuestro trabajo», apunta María Pastor, coordinadora do campamento.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios