Os partidos son corruptos, reflexo noso

(*)

SE A CRISE económica, que aínda nos bate por moito que o optimista Rajoy a dea por superada, ha de servir como escola para evitar malos hábitos; o afloramento da corrupción debería significar un punto de inflexión para que maioritariamente nos avergoñemos de participar dela. Só así lograremos atenuala e minguala tanto para convertela en residual, porque mal seguiremos se aceptamos que poida continuar como di con razón a secretaria xeral do PP de que a corrupción dun partido é como a que hai na sociedade, reflexo dela. Ata agora parecía que eramos parvos se non evitabamos o Ive dunha obriña na casa, se non obtiñamos unha subvención sen ser merecentes dela, se non nos poñían un punto de luz pública onde non se debía, se non metiamos un parente a traballar no Concello aínda que houbera outros máis preparados. Porque o facía todo o mundo. A ver se desta, esta apreciación vira.

(*) Mantense o idioma orixinal do artigo, publicado na edición de El Progreso o martes 16 de decembro

 

Comentarios