Los monumentos con vida

Ricardo Polín, en Vilalba. (Foto: AEP)
photo_camera Ricardo Polín, en Vilalba. (Foto: AEP)

O historiador Ricardo Polín ultima a publicación dun catálogo que recolle a historia dos «seres vivos máis lonxevos» da comarca chairega, 50 árbores centenarias que enraízan na terra e «conservan a lembranza de todo un pobo».

«Son os seres vivos máis lonxevos do planeta e son moi vulnerables». O historiador Ricardo Polín ultima un traballo de moitos anos co obxectivo de poñer en valor e dar a coñecer medio cento de árbores singulares da comarca chairega, «monumentos naturais» que, di, «conservan a lembranza de todo un pobo».

Algúns son símbolos, como a pravia de Vilalba ou o castiñeiro de Baamonde (Begonte). Outros, pese a ter máis de varios séculos de vida, son grandes descoñecidos. E algúns, como o eucalipto de Altide (Begonte) ou o cedro da Casa de Hortas de Manuel María en Outeiro de Rei, xa desapareceron. De aí, a loita por «divulgar para protexer e conservar».

Ricardo Polín iniciou hai cinco anos unha batalla por «salvar as árbores», sensibilizar a xente e presionar para que as máis significativas pasen a formar parte do catálogo dos grandes monumentos vivos da Xunta de Galicia, un listado de árbores senlleiras no que actualmente se inclúen seis exemplares da Terra Chá.

PROXECTOS
Un roteiro polo patrimonio arbóreo

O catálogo e a exposición deseñados por Ricardo Polín para ver a luz este ano son só un primeiro paso dun traballo que non ten fin, como el mesmo recoñece. Un dos obxectivos finais da súa recompilación é crear un roteiro polo patrimonio arbóreo co fin de «cohesionar a Terra Chá no plano cultural e medioambiental». 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios