Os Minhotos presentan su primer disco en Lugo en un directo ''con sorpresas''

Os cinco compoñentes de Os Minhotos (Foto: Vicente Ansola)
photo_camera Os cinco compoñentes de Os Minhotos (Foto: Vicente Ansola)

O quinteto lucense Os Minhotos presentará o seu primeiro disco, ‘Pinga d’auga’, nun directo que comezará ás 23.00 no club Clavicémbalo de Lugo. Vítor Otero explica que o concerto terá a intención «dunha festa de poñer o ramo, que eran como se chamaban as celebraciós que se organizaban cando se remataba de construír unha casa». Engade que «despois de traballar durante un par de anos, gravando nas fins de semana», deron completada a rexistro de doce temas nos que hai tanto pezas tradicionais como propias.

Este traballo foi gravado en Pol, no estudo de Óscar Trigo. Vítor Otero defíneo coma «o sexto minhoto» porque a súa achega como técnico de son «é moi importante». «Foi el quen nos deu unha visión dende fóra».

Os outros ‘minhotos’ son Bruno Villamor, Xaneco Tubío, Paula Fernández e Alberto Castro. Todos eles son miñotos, porque proceden das beiras do Miño, tanto ao paso por Lugo como pola Terra Chá. Non se pode concretar o instrumentos que toca cada quen porque o intercambio de zanfonas, gaitas, tamborís e pandeiros é un dos signos caracterizadores desta formación.

«Aproveitamos que todos tocamos varias cousas para cambiar os instrumentos, algo que se agradece en directo, tanto polo propio xogo visual como polas cores sonoras máis variadas. Axudan a rachar coa monotonía», indica. Como base mantense Paula, sempre no acordeón, «porque nos serve como maste, levando as armonías e os baixos», apunta Otero.

Unha das peculiaridades do disco son as dúas zanfonas que soan ao tempo, «algo que é arriscado para o directo porque os factores ambientais inflúen no seu son», recoñece.

Comentarios