''Mis primeros recuerdos son de un padre molinero, con la gorra enharinada''

Saía cos rapaces de excursión
Saía cos rapaces de excursión

Meu pai era zoqueiro e saía ás veces polas casas. Aínda teño unha fotografía con el coas zocas diante. O irmán maior foi carpinteiro e o segundo, barbeiro.

José Manuel Pol Herbón / Serés / Castroverde

Sempre andaba axudando a meu pai en todo o que podía. Aprendín a andar nun dos restaurantes. Caeu un gusanito no chan, deses que comen os cativos, e fun a por el. Meu pai ía dándolle patadas ao gusanito e así empecei a andar. Crieime nos bares.

Guillermo González / Lugo

Mi padre era uno de aquellos jóvenes pobres de Galicia a los cuales algún rico le daba una cantidad de dinero para que lo sustituyera en el servicio militar. Cuando le tocaba a un rico, buscaba una cantidad de dinero y se la daba a aquel que no tenía, vivía muy pobre, en un pedacito de tierra o de cualquier trabajo en el campo.

Fidel Castro / Láncara

Chegou unha noite meu pai dunha festa. Era amigo de traer algunha rosquilla e eu estaba na cama chorando por ver se me daba unha facendo que tiña fame. Tes fame? Cólleme, faime baixar á cociña e comeza a cortar pan e darmo ata que non puiden comer máis. Aprendín a non chorar e non mentir. Agora, perdoando, as mulleres e os nenos son os que mandan na casa. E despois, se o papá pega, o papá vai ao cárcere.

Antonio Arias Folgueira / San Román da Retorta / Guntín

No ensino aplicaba moitas das cousas que aprendera en Madrid. Saía cos nenos de excursión por veigas, praias e montes para que vivisen a natureza e recadaran plantas, cunchas e minerais que despois estudaban, comentaban e rotulaban na escola. Cada rapaz gardaba nunha caixiña o que recollera e ao final do curso facíase unha exposición de todas elas. Tamén se facían traballos manuais con papel, pauciños, tampas de cortiza e outros materiais. Para min a tempada na escola, sempre co meu pai, foi leda e gorentosa, non coma aquela do debuxo de Castelao. Os libros non nos pesaban: era máis un ensino de ollar e ouvir que de ler.

Luis Tobío / Viveiro

Mi padre tenía los surtidores de gasolina de Campsa, era el concesionario, y yo con doce años ya me subía a una banqueta para despachar gasolina a los convoyes que iban a Asturias. De esa experiencia infantil me nació la vocación de comerciante, más que otra cosa.

Alejandro Amieiro / Ribadeo

Cuando tenía de ocho a diez años, mi padre ocupaba el puesto de secretario del gobernador y cuando yo llegaba a su despacho, estaba todo atareado preparando la enorme carpeta en la que tenía ordenados los escritos para pasar a que firmase su superior. Vestido con el uniforme militar, pasando continuamente un dedo por el cuello para aliviar la sensación de ahogo que le provocaba el celuloide que comprimía su cuello corto y grueso, comprobaba que los escritos estuviesen bien redactados.

Carlos Varela Prieto / Lugo

Os meus primeiros recordos, aquelas lembranzas que se escribiron no meu corazón coma as gozosas cicatrices dun ferro quente, son dun pai muiñeiro, coa pucha enfariñada. Aquel muíño na beira do Lea que daba voltas mentres meu pai ía baleirando sacos de trigo subido ao alto. A cociña da casa, co pai contando historias ou a nai contando contos mentres debullaba un cesto de fabas. Os veciños que viñan escoitar ou contar tamén os seus sucedidos ou xogar á birisca. O sobrado coa miña cama e, enfronte, o cuarto de meus pais.

Xabier Docampo / Castro de Ribeiras de Lea

Na primeira metade do século XX, na comarca de Castroverde, Pol e Baleira, aínda que non só nestas, xurdiu unha literatura popular emblemática que deu teatralidade ás sentenzas, tamén chamadas corridas do galo, nas que o pobo raso, farto de humillacións, deu en atribuírllas ao galo, e ditando sentenza, o tirano purgaba aqueles excesos colgado dun trelo; etcétera. Redactor de innumerables sentenzas, que se executaron na bisbarra antedita, foi meu pai, aquel incansable mestre de ferrado que tanto se esforzou por fomentar, por cultivar, a dignidade dos seus coetáneos, José María Gómez Lombardero.

Xosé María Gómez Vilabella / Castroverde

Meu pai chamábase Manuel Meilán Vilavella. Era empregado da Delegación de Facenda, ademais doutras actividades. Pódese dicir que tiña, coma quen, un bo pasar. Miña nai era Ángela Martínez Souto. Ela coidaba de todos nós: Josefa, Rafael, Maximiliano, Angelita e máis eu, o máis pequeño dos cinco.

Manuel Meilán / Lugo

Tempo despois meu pai fíxose procurador porque lle gustaban as leis, daquela á miña casa ou viñan polo das inxeccións, ou viñan polo dos documentos; e por riba, o meu avó tiña un comercio onde vendía, desde agullas ata dinamita, ou cadaleitos.

Tareixa Campo / O Incio

Preparo un libro que se chamará algo así como ‘Aventuras do Correverás, o Brincaparedes e o Mirapratrás’. Eran tres cousas que meu pai me prometía cando saía de viaxe, pero nunca cheguei a velas.

Xosé Miranda / Lugo

Cuando yo era niño, recuerdo que me contaba asuntos de libros de los que yo, a esa edad, no tenía ni idea, y, sin embargo, eso a él importaba le un comino: me hablaba, sí, pero es que, encima, pretendía que yo le hablase, esto es, que le diese mi opinión. Con el paso de los años, y cuando yo ya tuve edad para poder contrastar mis opiniones con las suyas, aprendí que había concretamente dos fobias que él era incapaz de disimular: una era la fobia a la pedantería -me acuerdo de la bronca que me echó el día en que osé reflexionar acerca de la existencia y la esencia porque todo cuanto yo decía, y tenía razón, le sonaba a libro recién leído-; y la otra, era la fobia a la envidia: el AC que yo conocí no solo no sentía envidia de nadie, sino que no concebía que alguien le envidiase a él.

César Cunqueiro / Mondoñedo

Meu pai, aínda convalecente, foi preso e, despois de pasar por campos de concentración ingresou no cárcere de Gijón-Coto, para ser xulgado por un Consello de Guerra que o condenou a 30 anos de cárcere, «¡por rebelión militar!». Alí, na cadea do Coto, pasou cinco anos preso ata 1945. No entanto, miña nai e mais eu fomos para Ribadeo na procura do amparo familiar…

Daniel Cortezón / Ribadeo

Aló polo 1939, un destacamento militar permaneceu ata 1940 nun edificio cunha torre que aínda se distingue no lugar. Precisamente meu pai era un daqueles soldados. Viñera de Burgos, namorouse da miña nai e pouco despois tivo que marchar; morreu bastante novo, sobre os 20 anos sen ter máis familia.

Jesús Folgosa Fernández / Vilaxusá / Trabada

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios