''Mis hijos no se creían que los hacía yo''

ela É María Ramona Veiga Álvarez, pero só no seu DNI, porque todos en Burela a coñecen como Maruja do Canero, o alcume que herdou do seu marido, do que que enviuvou demasiado axiña.

Nunca tivo unha vida doada, pero a perda do seu esposo obrigouna a remangarse para sacar adiante os seus catro fillos, de 20, 12, 7 e 5 anos. «Tiven que traballar limpando oficinas e portais e moitas veces as nenas -as tres pequenas- viñan axudarme. Na miña casa os meus fillos sempre tiveron que traballar, porque a necesidade era moita. Nunca pediron a paga, nin nada diso, porque sabían que non se podía, pero creo que sempre estiveron conformes», di.

Agora, cando ve os catro ben situados nos seus traballos, non oculta que a enche de orgullo e desfaise en eloxios ao recordar o moito que a miman. «Antes era eu as que as vestía, pero agora son elas as que me din o que me poño e o que non», asegura, mentres recoñece con franqueza que os seus fillos foron o seu «segundo matrimonio».

Foron eles os que a animaron a saír da casa cando se xubilou. A súa insistencia e o espírito alegre de Maruja levouna anotarse a diversas actividades, o que lle permitiu descubrir a súa vocación pola pintura. A ela dedícase en corpo e alma, animada pola súa profesora, Belén Mogo, da que tamén fala marabillas. «É moi boa e nunca se enfada e dáche moitas ideas para facer as cousas», explica Maruja, que tanto lle dá á pintura realista como a a máis picassiana.

É autora de máis dun cento de cadros, dos que boa parte deles foron utilizados para unha exposición que tivo lugar na casa da cultura de Burela o pasado outono. Esta mostra supuxo a consagración entre os seus veciños, para algúns dos cales descubrir á Maruja pintora supuxo a mesma sorpresa á que tivieron que enfrontarse os seus propios fillos. «Ao principio non crían que os pintara eu, ata que un día saquei o cabalete e púxenme a facer un», recorda. Agora, todos nas paredes das súas casas teñen pendurado algún cadro de Maruja, a nai artista.

Comentarios