Os lobos de Galicia aliméntanse de ponis salvaxes e corzos, segundo conclúe unha tese

Laura Lagos. ep
photo_camera Laura Lagos. ep

Os ponis salvaxes e os corzos son as principais presas da poboación de lobos que habita os montes de Galicia, segundo a tese defendida pola enxeñeira de montes Laura Lagos Abarzuza, titulada na Escola Politécnica Superior de Lugo. A presenza destes animais na dieta do lobo adquiriu máis importancia a partir de 2003, segundo apunta a investigadora, que relaciona a posible redución de carroña na dieta dos lobos coa implementación de medidas sanitarias logo da aparición da Encefalopatía Esponxiforme Bovina, coñecida como mal das vacas tolas.

Outra das achegas feita por Laura Lagos é que a depredación sobre os poldros prodúcese de primavera a outono, mentres que todo o ano e especialmente no inverno, os lobos consumen exemplares adultos mortos, o que indica a gran importancia da poboación de ponis como fonte de alimento durante todo o ano.

A enxeñeira baseou a súa investigación na análise de miles de mostras de excrementos de lobo localizados en tres sectores da xeografía galega: Val do Eume e norte da Dorsal Galega, centro da Dorsal Galega e suroeste dos Macizos Centrais de Ourense. Nas dúas primeiras áreas, o poni salvaxe é a principal presa do lobo, mentres que o corzo cumpre este cometido nos montes centrais de Ourense.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios