''Los hombres echaban las partidas o se daban animadas conversaciones de historias más o menos disparatadas''

Con 21 anos, fíxenme coa concesión da cafetería da Casa do Mar de Burela. Fora un exitazo. Corrían bos tempos, movíanse moitos cartos arredor do mundo do mar; polo establecemento pasaban centos de persoas, mariñeiros y tamén médicos y xente que acudía ao centro de saúde, cando aínda non se construíra o Hospital da Costa.

David Rivas Díaz / Burela

Bebín a caña que deixara esquecida sobre o mostrador, paguei as catro pesetas e saín do bar Castroverde. Non me digades por que, pero ao verme na rúa veume á cabeza a lapidaria frase que nos advirte da fugacidade de todo o desta vida. E como por algo estudara no seminario, acudiu á miña mente en tres idiomas: «Vaidade de vaidades e todo vaidade / Vanitas vanitatis et omnia vanitas / Mataiotes mataioteton kai panta mataiotes». Recordando esta anécdota, moitas veces repetida ao longo da miña vida -aínda que sen luras-, atrévome a sentenciar urbi et orbi: «Non hai mellor pracer que o pracer aínda non gozado».

Pedro J. Rovira / Lugo

Foi en 1952, cando meu pai, Manuel Vázquez Salcedo, se fixo cargo do negocio, xunto coa miña nai, Amparo Yáñez Vázquez, que, aos seus 80 anos, aínda revisa as potas na cociña. Houbo taberna desde moito tempo antes. Non lembro todos os nomes que tivo. Un deles era A Nova Concha. Cando meus pais colleron o negocio, chamábanlle xa Casa Campos porque o seu dono, Sabino, era da Casa dos Campos, no Picato. E meu pai, que daquela non tiña unha peseta, quixo conservar o nome da taberna porque o anterior dono deulle moitas facilidades para facerse cargo do negocio.

Manuel Vázquez Yáñez / Lugo

Dos bares peculiares que había en Lugo na miña xuventude estaba o Negresco, na rúa Nova e coa fronte mirando á praza da Soidade, que daba unha tapa que ata hoxe sería ousado poñerlla a moita xente. Daquela xa daban caracois en salsa picante e o señor (Rogelio?) que o levaba coa súa dona era un grande coñecedor da nosa cultura vinícola.

Isidro Novo / Lugo

Ao serán, os bares do Cardeal e arredores atopábanse cheos de xente degustando as celebradas tapas monfortinas, preferentemente regadas con viño da Ribeira Sacra, sen prexuízo dunha excelente merenda / cea no bar nº 6 da Compañía a base de saborosos bocadillos de chourizo de Pamplona (ou chourizo selecto se o presuposto o permitía) e que finalizaba cunha excelente queimada feita con augardente da nosa terra.

Carlos Martínez Buján Pérez / Monforte de Lemos

De todos fue conocida la rivalidad de la agrupación de O Ollo con la del Fungueiro, dirigida por el sobrino de José Díaz, el no menos ínclito Antonio Díaz Carreira, quien tenía su cuartel general -nunca mejor aplicado el calificativo de cuartel general, por ser militar de profesión-, en la tasca de Jesús o boa fe, sita en la calle del Progreso. Esta tasca como otras muchas de esta ciudad, albergaban en sus locales pandillas que, además de libar los vinos del Ribero, jugar alguna partida de cartas, practicaban la cantonía con típicas canciones de nuestro folclore. La desaparición de estas tabernas y con ellas las pandillas mencionadas, trajo consigo la evanescencia de aquellas obras clásicas que hoy no hay quien las interprete.

Pepe Barreiro / Lugo

Isla Nova también fue uno de los sitios que nos gustaba a la juventud, creo que todos los que hemos estado haciendo comidas en él recordaremos con nostalgia los percebes, langostinos y demás mariscos que nos comíamos. Eran raciones abundantes, de calidad y a buen precio. Al tener varios hijos de nuestra edades, que eran de la pandilla, Moncho y Pepe, también compartían con nosotros parte de las fiestas.

Jesús Maldonado / Foz

As primeiras lembranzas que acudiron á miña mente foron as dos vellos cafés, que acostumaba visitar despois de xantar, hai moitos anos, nas miñas visitas á cidade: o Méndez Núñez, o Cantón, o Círculo de las Artes, ou o Lugo, que foi demolido e ao nomealo me trae a evocación de Ánxel Fole, onde ía ler a prensa ou simplemente a ensimesmarse e eu o teño ido ver. Celestino Fernández de la Vega, Salvador Castro, Manuel María, ás veces Novoneyra, un irmán de Álvaro Xil, e outra xente que por alí pasaba. Teño ido alá con Ramón Piñeiro e, nalgún caso, con Isabel tamén, naquel meu Seiscentos D, matrícula B-458791, por finais dos anos sesenta, se a cabeza non me falla.

Salvador García-Bodaño / Lugo

As baiucas eran un lugar de concentración da xente na aldea e alí os homes botaban as partidas de timba ou se daban animadas conversas de historias máis ou menos disparatadas, dependía do número de grolos que se empoleirasen, e para as que o taberneiro sempre tiña a frase chea de indulxencia: «Como conto está ben». Pero a baiuca era algo máis ca iso, pois semellaba un almacén en pequeno porque nela atopábanse as máis variadas cousas mesmo xaropes e aspirinas. Cousa que os paisanos agradecían xa que agás dos desplazamentos á feira, era moi raro saír da aldea porque estaba illada e non había estradas. Toda saída debía de facerse a pé, tan só os privilexiados podían facelo a cabalo, de aí a importante función realizada pola baiuca.

Xosé Lois Ripalda González / Erbedeiro / Carballedo

Y arrimado a la puerta del bar de la esquina, Meilán, el propietario, socarrón y sentimental, que con la picardía del paisano avispado siempre estaba al tanto de lo que se cocía, se curaba en salud pasando una segunda ronda de tapas a notarios, jueces y señoritos que visitaban su barra.

Soledad Michelena / Mondoñedo

Había peñas de toda clase, principalmente políticas, existían peñas verdaderamente provinciales, con tres o cuatro contertulios de Sarria, dos de Viveiro, tres de Chantada, cuyos componentes se renovaban de continuo.

Ánxel Fole / Lugo

Fue en la antigua carretera general, hoy Avda. de don Arcadio Pardiñas, donde el recordado Evaristo, -ya hace años fallecido-, regentaba con su esposa, Marta, el establecimiento conocido por el nombre de Casa Marta y, con anterioridad, por el de Café de Pancho. En dicho establecimiento, Evaristo fue poseedor del arte, de saber hacer el mejor café express o cortado que jamás he podido saborear nunca en toda mi vida; incluso durante mis recientes viajes y estancias, en algunos de los más importantes países cafeteros, así como en mi nueva residencia, en Colombia o en Costa Rica; países cafeteros por excelencia, como bien todos sabemos, y en los que como buen adicto al café, confieso que intenté por todos los medios, lograr saborear un buen cortado como los que me hacía Evaristo, pero siempre han sido vanos mis intentos, pues jamás he podido lograrlo.

Eduardo A. Domínguez Vilar / Burela

Allí se recogen los seis artículos, publicados en la revista Finisterre entre enero y junio de 1946, con los que Cunqueiro quiso empezar a escribir la historia nunca terminada de las tabernas gallegas. El primer artículo es una introducción a tal historia y después vienen los artículos dedicados a la de Póngalas, el Padre Benito, el Casal de Acuña, el Pozo del Gorro y el chigre del Lorito. Y miren por donde, la primera de las tabernas, la de Póngalas, estaba situada en el mismo barrio de Os Muíños donde está la de O Valeco.

Miguel Vila / Lourenzá

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios