Os Fanagueiros de O Incio rendiron un homenaje póstumo a Saavedra

Asistentes a la comida organizada por Os Fanagueiros de O Inicio.
photo_camera Asistentes a la comida organizada por Os Fanagueiros de O Inicio.

Unhas 350 persoas reuníronse onte no Incio para rendir unha homenaxe a Francisco Rodríguez Saavedra, un incansable defensor da cultura e as tradicións galegas que durante máis de 25 años, e ata o seu pasamento no 2010, foi presidente da agrupación veciñal Os Fanagueiros de Eirexalba, que a día de hoxe ten 103 socios.

Os momentos máis emotivos da celebración vivíronse despois do xantar, co nomeamento de Saavedra socio honorífico do colectivo e a entrega dunha placa á súa muller, Alicia Pontón, e ao seu fillo, Francesc Rodríguez, en recoñecemento ao traballo de décadas en defensa da cultura propia.

O fillo adoptivo do Incio Rubén González encargouse de animar a sobremesa coa interpretación á gaita de varias pezas en torno ás mesas dos comensais, reservando os sons da marcha do Antigo Reino de Galicia para a homenaxe.

A alcaldesa, Laura Celeiro, indicou que o Concello continuará axudando aos Fanagueiros en todo o posible para «continuar o traballo de Paco e sementar ilusións nos nenos e as nenas do Incio», como asegura que ela mesma descubriu cando de pequena, como unha Fanagueira máis, participaba no concurso literario que este ano chega á sú 25 edición e que nun principio foi concibido para relatos curtos escritos en galegos por cativos emigrantes, co fin de que coñeceran o idioma e se relacionaran coa xente do pobo.

O plazo de entrega dos traballos na presente edición ampliouse, porque algúns centros educativos que adoitaban participar non poden facelo este ano a causa das reformas escolares que motivaron as protestas do profesorado rexistradas en toda a comunidade. Así quen desexe entregar algún traballo pode facelo aínda ata o 15 de novembro.

Logo da homenaxe, os asistentes disfrutaron dunha queimada e un magosto con 80 quilos de castañas asadas nun tambor xigante, que construíron de xeito artesanal os socios deste colectivo. Esta é unha das actividades anuais asumidas pola asociación, que recupera así a tradición veciñal de reunirse en torno ao primeiro de novembro para disfrutar das castañas e dun vaso de viño ao carón do lume e coa gaita.

Ademais, onte arredor de dúas ducias de cativos de Eirexalba asistiron ao espectáculo de maxia que ofreceu o mago Carlos, mentres os maiores aproveitaban para espabilar o frío movendo o esquelete ao ritmo do Dúo Eclipse.

A elección da nova directiva dos Fanagueiros -un colectivo que se fundou no ano 1983 e tomou o seu nome dun cuarteto de músicos que existía no pobo e aínda desapareceu hai pouco- está prevista para principios do vindeiro ano, porque deste xeito podería facerse unha asamblea contando con tódolos socios que se achegan a Eirexalba polo Nadal. Ata entón continuará como presidente en funcións Manuel Reboiro,

Na xornada de onte tamén se fixo entrega do último número da publicación editada pola asociación, con contidos culturais e divulgativos dos costumes e as lendas do lugar.

Comentarios