Los de Sober hacen muy bien La Rosca

Los vecinos se amontonaron para probar la rosca. (TOÑO PARGA)
photo_camera Los vecinos se amontonaron para probar la rosca. (TOÑO PARGA)

Sober é, dende sempre, terra fértil en músicos, en viñedos que agasallan saborosos caldos e en terras que son fermosura para os ollos de oriúndos e forasteiros, a Ribeira Sacra. Sober é tamén o berce da tradición gastronómica con forma de anel xigante. Sober é terra de rosca, do doce máis rico e sinxelo que só as mans dos nativos saben elaborar a xeito e seguindo unha receita que perdura no tempo de nais a fillas.

Onte pola mañá os soberinos celebraron, no centro da vila, a Feira da Rosca, que chegou con esta á décimo novena edición. Pasado o mediodía dunha xornada gris e anubrada que ameazaba con mollar os presentes, pero que finalmente se contivo, repartíronse 1.500 racións de rosca con queixo, nun evento que reuniu na terra do viño a numerosas persoas.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios