Os pequenos reporteiros de sexto curso do CEIP López Ferreiro de Santiago saimos á rúa para descubrir o que se sente sendo xornalistas.
Esta nova experiencia resultounos un traballo apaixonante e divertido. Co obxectivo de participar neste especial do Día das Letras Galegas co xornal LV. De Luns a Venres, tivemos que preguntarlle á xente, quince persoas descoñecidas, dúas sinxelas cuestións.
¿Sabe vostede a que autor se adica este ano o Día das Letras Galegas? ¿Que libro en galego recomendaría para ler? Despois de dúas horas e media investigando na praza do Obradoiro, atopamos os candidatos ideais, a maioria estudantes e xente adulta que nos contestaron con toda sinceridade. Velaquí as lecturas que nos recomendaron.