"Os cargos deben ser accesibles e renderlle contas ao cidadán"

Tralo peche do congreso que a proclamou presidenta, Elena Candia dixo que o Partido Popular vén de vivir un proceso enriquecedor, reafirmou a súa vocación de integrar a quen apoiou a Raquel Arias e reivindicou a conexión coa sociedade
Elena Candia, durante el congreso provincial del PP
photo_camera Elena Candia, durante el congreso provincial del PP

A primera muller que chega á presidencia do PP de Lugo ten claras as súas prioridades respecto aos retos que afronta a provincia e amosa vontade integradora co equipo de Arias.

¿Haberá cambios na estratexia do partido?

O partido debe ser un mecanismo para defender a satisfacción das necesidades da provincia e ese vai ser o noso obxectivo. Temos que demostrarlle claramente á xente que estamos preocupados polos seus problemas, que somos un equipo que traballa por resolver os problemas e que ten un proxecto para Lugo.

¿Cree que hai que facer reaxustes no traballo dos parlamentarios que representan a Lugo?

Hai que cambiar actitudes, porque a xente o demanda. O cidadán ten que visualizar que os cargos son accesibles e que renden contas. Ás veces o político consegue o obxectivo que lle reclama o veciño e outras veces non o logra, pero sempre hai que dar explicacións. Creo que hai que intensificar a cercanía coa xente.

P. Para o PP lucense os últimos anos foron duros, moitas veces con plataformas cidadáns na rúa reclamando melloras de servizos. ¿Cre que hai que cambiar a relación con eses colectivos sociais?

No congreso xa dixen que eu aposto por un achegamento ao tecido social e aos sindicatos. É máis, crearase unha figura no partido encargada desa tarefa. Ese é un problema que nos ten feito dano, porque en vez de vernos como un partido que resolve problemas, que é o que somos, hai quen nos ten visto como o contrario. Iso hai que corrixilo.

"A situación do sector lácteo preocúpame moito. É sen dúbida o problema máis urxente da provincia"


¿Vai apostar entón por un acercamento aos movementos sociais?

O PP é un partido de consenso e temos que traballar para que ese feito se perciba. E aposto tamén polo diálogo cos sindicatos.

¿Cual é o problema da provincia que máis a preocupa?

A situación do sector lácteo preocúpame moito. Hai cuestións moi serias na provincia ás que lle facer fronte, como o envellecemento da poboación, pero sen dúbida o máis urxente é o problema do sector lácteo.

¿Tivo ocasión xa no congreso de explicarlle a Alberto Núñez Feijóo o seu proxecto para o partido en Lugo?

Compartimos o congreso. Non tivemos ocasión aínda de falar en profundidade, pero farémolo.

P. Respecto ao partido, ¿en que situación queda despois de que houbese dúas candidaturas á presidencia?

Foi un proceso enriquecedor para o partido. A integración é un dos compromisos que asumín e a partir de agora traballaremos todos xuntos. Eu, dende logo, non escatimarei esforzos de cara a reforzar a unidade do partido.

¿Podería integrar a Raquel Arias no seu equipo?

Teño que falar con ela. Eu quero traballar con todos e con algúns alcaldes xa falei e as mans están tendidas. O que temos que ter claro é que este foi un proceso san e que a partir de agora o que hai que facer é traballar e non rebaixar en nada o nivel do traballo que temos feito nas últimas semanas no partido.

P. Convértese na primera muller en presidir o PP de Lugo.

Si, e somos a primeira provincia galega onde o partido o preside unha muller. É un orgullo, proba de que neste partido as mulleres teñen peso, e gústame que a elección fose a dous días da celebración do Día Internacional das Mulleres.

Comentarios