Os barcos como obxecto decorativo saen caros

Diversas embarcacións e partes ornamentan as localidades da comarca mariñá en rotondas, parques e portos
Barcomuseo boniteiro Reina del Carmen en Burela
photo_camera Barcomuseo boniteiro Reina del Carmen en Burela

O Concello da Coruña vén de anunciar que un dos seus símbolos, o barco Corpiño de Muxía, abandonará a cidade proximamente dado o seu pobre estado de conservación. Será substituido na avenida Alfonso Molina pola Atalaya, unha embarcación doada por un armador polo apoio do Concello á flota do cerco. Na Mariña tamén custa manter o museo a flote, incluso no caso do Reina del Carmen de Burela.

A reutilización destas vellas embarcacións como ornamento das localidades mariñeiras é unha práctica moi estendida en Galicia. Esta ven a custar milleiros de euros á Administración, que a día de hoxe continúa a financiar este tipo de infraestruturas. É o caso do barco Bernardo Alfageme. Tras anos evitando o despezamento, foi instalado nunha rotonda do barrio vigués de Coia por iniciativa do alcalde Abel Caballero.

A obra chegou a custar arredor de 300.000 euros cando este tipo de instalacións, a excepción de fragmentos como hélices ou áncoras, adoitan ser desbotadas cada certo tempo debido ao seu baixo nivel de resistencia ante as inclemencias do tempo. Botando un vistazo pola costa lucense, podemos atopar varios exemplos desta práctica de adornar as vilas con barcos e motivos mariñeiros. 

HISTORIA. Estas pezas acostuman estar fortemente ligadas á historia e economía das localidades mariñás. É o caso do Juanin, un barco de vela latina que perteneceu ao expresidente do Goberno e marqués da ría de Ribadeo Leopoldo Calvo Sotelo. Hoxe en día, a embarcación adorna unha das rotondas de entrada á vila. 

Ao longo dos anos, o Concello ribadense tivo que correr cos gastos de varias reparacións debidas aos actos vandálicos que se perpetraron contra a embarcación do político. En Foz, outra embarcación preside a zona de Porto Chico, inundada durante estes días de agosto por grupos de turistas que pasean polo paseo marítimo e a zona portuaria. 


Gamelas, chalanas, terrazas e barcos boniteiros adornan a paisaxe urbana da costa lucense nunha orixial forma de decoración


Porén, Viveiro é o concello que se leva a palma en canto a usar barcos como decoración urbanística. Algúns, como a gamela Lois Tobío, no patio da escola do mesmo nome, mantéñense aínda en pé a pesares do mal estado de conservación. Non obstante, a maioría deles foron desbotados por causa da mala xestión ou da degradación avanzada. Exemplo disto é a terraza Flor de Ares, que adornou durante anos a zona de Lavandeiras, en Celeiro, ata que o paso do tempo erosionou o seu casco e tivo que ser despezada.

A tarrafa Pombativo a mesma  mala sorte. Adquirida para ser reconvertida en museo, tras cinco años atracada no porto celeirense foi tamén despezada. Un exemplo involuntario desta decoración mariñeira fora o buque Hermanos Basanta. Construido en 1966, estivo fondeado na ría de Viveiro desde 1985 ata que no ano 2001, convertíndose nunha estampa mítica da ría do Landro. Tras anos de conflitos entre os propietarios, foi tamén trasladado para o seu despezamento nun pésimo estado de conservación. 

Polo de agora, o que presenta mellor estado de mantemento é o barcomuseo boniteiro de Burela. A embarcación é a única das anteriormente mencionadas que se atopa a flote, amarrado permanentemente ao porto burelés. Este ano, o boniteiro, cuxo casco é de madeira, someteuse a unha reforma integral no estaleiro da localidade que custou 35.000 euros. Noutros casos como coas pezas metálicas, aguantan máis. Aí están as hélices de bronce en Burela e Celeiro os canóns de bronce en Viveiro, Ribadeo e San Cibrao, ou incluso a famosa mina desta localidade. 

PUBLICIDADE. Usar barcos de pesca como decoración sigue de moda. Hoxe en día, a que mellor resiste o paso do tempo é a ligada á iniciativa privada. É o caso da Bodeguita del puerto, no Vicedo. O negocio instalou chalanas no propio establecemento e na entrada á localidad para publicitar o local entre os visitantes.

Comentarios