Lois Peña: ''Os alumnos poden escoller prácticas entre 75 empresas''

CHA2105P1F2-001.JPG
photo_camera CHA2105P1F2-001.JPG

O instituto da capital chairega, que dirixe Alberto Barreira dende hai dous cursos, conta cun amplo programa de ciclos formativos, programas de cualificación profesional e bacharelatos nuns tempos nos que «a formación é fundamental para atopar traballo».

A finais do curso académico, Alberto Barreira cumprirá o seu segundo ano como director do centro vilalbés Lois Peña Novo, no que leva impartindo clase dende hai oito. Este instituto da capital chairega é un dos centros de referencia en ensinanzas para adultos e conta cunha ampla oferta de ciclos formativos, programas de cualificación profesional e bacharelatos presenciais e semipresenciais que, debido aos recortes en educación, estiveron nos últimos meses en serio perigo de desaparecer do seu programa educativo.

Existiu o temor real á redución da súa oferta formativa?

O rumor existiu xa que se solicitou un informe para saber como quedaría a ensinanza fusionando os dous centros da localidade. Algo que, persoalmente a nós nos perxudicaría moito.

Como afectou este rumor?

Moi negativamente, xa que aínda existen entre os pais e os alumnos dúbidas sobre o futuro do centro. Podo asegurar que nós teremos a mesma oferta educativa que nos últimos anos, e que tanto os bacharelatos coma os ciclos formativos continuarán impartíndose do mesmo xeito.

Cal será esa oferta para o vindeiro curso académico?

Contaremos con dous bacharelatos na modalidade ordinaria e de adultos. Ciclos formativos de grao medio de Electromecánica de vehículos, Instalacións eléctricas e Xestión administrativa. Dous ciclos superiores de Administración e finanzas e Administración de sistemas informáticos en rede. Ademais de programas de cualificación profesional de Mantemento de vehículos e Informática e un programa Cuale de Potenciación dos idiomas estranxeiros.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios