
O Concello de Guitiriz felicitou a unha das súas veciñas máis lonxevas
María Uriz Yáñez, veciña do barrio de Romariz da parroquia guitiricense de Pedrafita, cumpría onte 101 anos, un anivesario digno de celebrar, polo que o Concello de Guitiriz quixo felicitala, entregándolle un ramo de flores e un diploma á lonxevidade.