''A orquestra Variedades era como unha gran familia''

A música foi a gran paixón dende neno de Carlos Díaz Mariño, familiarmente coñecido como O Carolino, quen sempre tivo claro que esta arte formaría parte da súa vida. Dende moi novo meteuse neste mundo do que nunca puido nin quixo saír, e de feito actualmente está xubilado pero segue cantando e dándoo todo enriba dos escenarios.

Con tan só 17 anos este viveirés iniciou a súa carreira como cantante na orquestra Capitol de Valcarría grazas ao seu veciño e amigo Pancho, tamén membro dela. Tras dous anos de continua aprendizaxe nesta primeira agrupación pasou a formar parte do conxunto Sport de Viveiro, no que estivo cinco anos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios