''La oposición le niega al Gobierno la legitimidad que tiene''

Pregunta: O galego segue enfrontando nas últimas semanas aos partidos políticos. A situación non é a máis idónea para a lingua...

Resposta: Preocúpame moito. Eu creo que a oposición non asumiu aínda o resultado electoral, permanece coa resaca das eleccións. E agora négalle ao Goberno a lexitimidade que ten. Non acaban de entender que eles xa non gobernan. Están instalados nunha crispación constante.

P: Virán tempos máis tranquilos?

R: Si, supoño que si.

P: Dá a sensación de que toda a política lingüística da Xunta céntrase na elaboración do decreto, e que non hai nada máis.

R: Pois non, recentemente presentamos o balance de actividades do 2009 con máis de cen medidas. O problema é que todo iso queda escurecido polas liortas parlamentarias entre partidos.

P: Cantas veces tense arrepentido xa de aceptar o cargo de secretario xeral cando llo ofreceron?

R:
Ningunha. Eu collín con ilusión esta tarefa, e agora teño máis ilusión. Estou moi satisfeito con este decreto porque considero que é un punto de ncontro. Si penso que a oposición tiña que ter máis altura de miras.

P:
Como leva iso de acaparar críticas? O anterior responsable de Política Lingüística no goberno de Fraga pasou máis desapercibido...

R: Era outro momento. E hai que recordar que Xesús Pablo González Moreiras levou o peso da elaboración do Plan Xeral de Normalización, cun fantástico traballo.

Comentarios