Opinan sobre o peche: Carlos Callón, Gloria Lago e Alfonso Cabaleiro

Carlos Callón (A Mesa) “A desaparición impresa de Galicia Hoxe supón a erradicación do noso idioma dos quioscos. É gravísimo para o pluralismo informativo que o Goberno de Feijóo condene á inanición os medios que teñen unha visión diferente da realidade”.

Gloria Lago (Galicia Bilingüe) “O escaso número de lectores converteu o xornal en inviable. Culpan a Xunta por non subvencionalos máis xenerosamente, pero as axudas a empresas que
publican integramente en galego creceron 400.000 euros de 2009 a 2010”.

Alfonso Cabaleiro (Xunta) “A desaparición de Galicia Hoxe é unha decisión única e  exclusivamente empresarial. As axudas a medios integramente en galego creceron este ano con
relación ao anterior un 44 por cento e, no caso deste xornal, nun 35 por cento”.

Comentarios