A opacidade provoca infección

Podemos non aceptar a maioría dos postulados que defende o político emerxente Pablo Iglesias, pero polo menos unha das súas reflexións en voz alta é difícil de rebater: a corrupción continuará mentres non haxa transparencia no financiamento dos partidos; pero a estes, os que ostentan o poder estatal, autonómico, local, todos, máis pequenos ou máis grandes, non lles interesa que se saiba de onde proceden os seus recursos. E así imos cabalgando sobre esta crise tamén institucional na que o cinismo impera cando un político é investigado e recibe as críticas dos rivais, que logo cambian o discurso cando os sospeitosos son dos seus. Iremos ranqueando e parcheando, pero a filosofía maioritaria nos partidos de reformar para que todo siga igual non se poderá manter eternamente porque a cidadanía cada vez o acepta menos. Parece que non aprenderon a lección das europeas.

Comentarios