A Once honrará a Eduardo Pondal cun cupón polo centenario do seu falecemento

O poeta será a imaxe dos 5,5 millóns de boletos que se repartirán o 9 de marzo
El presidente de la RAG, Xesús Alonso Montero, con el cupón dedicado a Pondal
photo_camera El presidente de la RAG, Xesús Alonso Montero, con el cupón dedicado a Pondal

O cupón do Once do 9 de marzo estará protagonizado pola figura do poeta Eduardo Pondal con motivo do centenario da súa morte. Cinco millóns e medio de cupóns difundirán por toda España esta celebración.

O delegado territorial do Once en Galicia, Manuel Martínez Pan; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; e o alcalde de Ponteceso e presidente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé Lois García Carballido, presentaron este cupón na sede da RAG.

Cinco millóns e medio de cupóns do Once lembrarán por toda España a figura poética de Pondal, autor de Os pinos, cuxas primeiras estrofas son a letra do Himno de Galicia.

O cupón mostra a efixie dun Eduardo Pondal "novo e romántico", asegurou o presidente da RAG, quen aplaudiu esta iniciativa, do mesmo xeito que o alcalde de Ponteceso, quen se mostrou "agradecido" de que o nome desta localidade coruñesa percorra toda a xeografía española. "A literatura galega está hoxe de parabén", afirmou Alonso Montero antes de dar por terminado o acto que cualificou de "histórico".

Comentarios