lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Once días, 25.000 tapas

San Juán: Pénjamo
San Juán: Pénjamo

A segunda edición do concurso de tapas Que bo estás Guitiriz, aínda que con moitas novidades, ofrece unha certa sensación de ‘deja vu’, ao contar cunha media similar de tapas por local, ao redor de 1.000, o que eleva a máis de 25.000 o total servido ao longo dos once días que durou o certame, e tamén por volver a erexirse como gañadora a proposta da parrillada Merendero de Os Vilares, nesta ocasión un Risotto de cogumelos en prebe de queixo.

Fíxoo cunha puntuación final de 4,43 sobre un máximo de cinco, nunha apretada clasificación onde os once primeiros clasificados están separados entre si nalgúns casos só por centésimas, con pouco máis dun punto en total.

AS TAPAS

Merendero. Cogumelos

A parrillada Merendero volveu a facerse co favor do público co seu Risotto de cogumelos en prebe de queixo, unha tapa que gañou o certame cunha puntuación de 4,43.

Gaibor. Díaz Castro

Un verso de Díaz Castro, A beleza feriume para sempre, serviu para darlle nome á tapa de Casa Gaibor, unha proposta innovadora para degustar un clásico cocido.

Pepe. Muiñeira de peixe

O restaurante Pepe debutaba no certame cunha Muiñeira de peixe, unha tapa que incluía bacallau, navallas, ameixas e patacas e coa que obtivo o segundo posto do público.

La Casilla. Vieira

O sexto posto na clasificación do público foi para a Vieira con bechamel e queixo de Arzúa, un saboroso prato preparado na cocina do restaurante La Casilla.

Nimbos. Filloas

A pastelería Nimbos estreábase no concurso cunha tapa homónima a base de filloas moi ben condimentadas que gustou moito e lle outorgou a medalla de bronce.

Soa. Milfollas de polbo

O guitiricense pub Soa clasificouse en séptimo lugar cunha orixinal proposta, co polbo como protagonista, que levaba por nome Milfollas de polbo.

San Juan. Pénjamo

A cuarta posición por votación popular recaeu no Medallón de pénjamo do bar San Juan de Pardiñas, unha receita que agochaba un solombo en salsa con champiñóns.

D’Mónica. Hamburguesa

Unha puntuación final de 3,41 dálle ao D’Mónica a oitava praza, a última da final profesional. Logrouna grazas a unha curiosa hamburguesa con tintes mariños.

Consiga AQUÍ la información completa

Once días, 25.000 tapas
Comentarios