Ollo, que corre o risco de caer churrascado

Unha muller sen medo á radiación ultravioleta.
photo_camera Unha muller sen medo á radiación ultravioleta.

''Vai sol e eu non estou moreno''. Terbutalina compuxo o ano pasado un deses himnos de verán de dous minutos con retrouso dubi, dubi e grandes verdades. Lourenzo está doente e, máis esbrancuxados que outra cousa, expoñémonos a danos severos se non temos en conta que un índice de radiación ultravioleta (UV) de 9 é para andar con moito tino.

Desde a Agencia Estatal de Meteorología (Aemet) advirten de que hai que protexerse moi ben estes días, xa que os valores no índice UV, de 8 a 10, son moi altos en toda a Península, mentres que en Canarias, de 11, son extremadamente altos». En Galicia, serán máis elevados -de 9- en Lugo e Ourense que nas provincias atlánticas.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios