''Ofrecemos un completo menú de 15 euros durante a Semana Santa''

Javier Navia López, un dos xerentes do mesón A Mina, ubicado ao carón da Praza dos Fornos da Pontenova

O mesón A Mina abriu hai seis meses reformado con moito estilo. Despois das xornadas dedicadas ao polo campero, con que suxerencia sorprenderán agora?

Na ponte festiva da Semana Santa ofreceremos un menú moi variado por tan só 15 euros que inclúe, de entrante, ameixas á mariñeira; de primeiro, fabas de Lourenzá con chourizo e morcilla e ensalada mixta; de segundo prato, carne asada mechada e merluza á prancha, ademais do postre, do café e da bebida.

Promoven os produtos locais, como as troitas e organizan xornadas gastronómicas. Cal será a vindeira?

O 13 de xuño adicaremos unhas xornadas ó polbo, a 7 euros á ración. Do 27 ao 29 de xullo, teremos ás do porco celta e o 12 de xullo, vaise adicar á coctelería.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios