O xermadés Francisco Hermida Pernas cumpre cen anos

Rey Varela e González Formoso participan na celebración do seu aniversario no Centro Sociocomunitario das Pontes
Rey Varela y González Formso, con Francisco Hermida Pernas
photo_camera Rey Varela y González Formso, con Francisco Hermida Pernas

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta tarde o Centro Sociocomunitario das Pontes, para celebrar o cen aniversario de Francisco Hermida Pernas, veciño deste municipio, natural de Roupar (Xermade) e usuario destas instalacións de titularidade da administración autonómica. Alí, o responsable da carteira social, ademais de felicitar ao homenaxeado e facerlle entrega dun agasallo en nome da Xunta, gabou a labor desenvolvida nestes centros nos que se fomenta o desenvolvemento de actividades de formación e lecer dirixidas a favorecer as relacións entre os distintos sectores de toda a poboación, cunha especial dedicación ás accións ligadas coa prevención da dependencia e coa autonomía persoal.

Rey Varela estivo acompañado polo rexedor municipal e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Comentarios