O Vicedo presenta a súa primeira Romaxe Vikinga

Terá lugar o vindeiro 30 de xullo na praia de San Román

O salón de actos da casa da cultura vicedense acolleu este venres a mediodía a presentación da primeira Romaxe Vikinga do Vicedo, que terá lugar na praia de San Román o vindeiro 30 de xullo. A directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, suliñou a aposta por valorizar recursos turísticos como o xacemento vikingo de Os Moutillós, o único coñecido ata o momento no noso país, que ademais permite promocionar o patrimonio histórico da localidade e de Galicia.

A presidenta da Acia vicedense, María Gómez, destacou a ilusión que crea a organización da festa e a participación da veciñanza, mientras que Luis Fernández resumiu o programa de actos que se desenvolverá. O alcalde, Jesús Novo, recalcou o interese que esperta a romaxe e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, asegurou que o evento reúnete valores suficientes para ser un aliciente máis para atraer xente ata a localidade, o que permitirá mellorar a economía local.

Pola súa banda, Queiman e Pousa repasou a historia da chegada dos vikingos ao Vicedo, por onde din que pasou Ulf, segundo Quique; mentras Andrea sinalou que farán un espectáculo personalizado que marcará un antes e un despois.

Comentarios