O trompetista Wallace Roney súmase ás estrelas do festival de jazz de Lugo

Wallace Roney (Foto: EP)
photo_camera Wallace Roney (Foto: EP)

O trompetista Wallace Roney será outra das estrelas que actuarán no Festival Internacional de Jazz de Lugo, que se celebrará entre o 12 e o 17 do vindeiro mes de novembro. Roney súmase ao saxofonista Bill Evans, cuxa presenza anunciaran xa os organizadores do certame, a asociación Escobijazz.

Wallace Roney (Philadelphia, 1960) debutou ao tempo que o seu contemporáneo Wynton Marsalis, e os seus comezos foron da man de Sonny Stitt. Traballou cos Jazz Messengers, substituíndo a Terence Blanchard, e a súa progresión foi tal que pronto foi considerado un dos grandes trompetistas do jazz actual.

Ao longo de varios anos, traballou co quinteto da batería Tony Williams e participou nunha sesión de homenaxe ao lendario Miles Davis en 1992. No seu papel interpretando a Davis, Wallace Roney, conseguiu unha grande aceptación de critíca. Foi xusto a súa participación co trompetista de Alton no festival de Jazz de Montreux o que fixo que saltase á fama. O disco testemuña daquel feito titúlase ‘Miles Davis and Quincy Jones at Montreux’ (Warner Bross, 1991).

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios