El torneo de bridge reúne a 50 jugadores

Unha das partidas de onte do campenato de bridge (Foto: Iago Anello)
photo_camera Unha das partidas de onte do campenato de bridge (Foto: Iago Anello)

O salón rexio do Círculo das Artes acolle desde onte o XXIII Torneo de Bridge Ciudad de Lugo, no que participan unas 50 xogadores chegados de distintos puntos de Galicia, Asturias e Madrid. As partidas comezaron a disputarse onte a tarde e remataron á noitiña cun cóctel.

Hoxe está previsto reiniciar o torneo a partir das cinco da tarde e, contra as nove, comezará a cea de clausura, na que se entregarán os premios aos gañadores, segundo explicou Trinidad Barreiro, organizadora do campeonato. Haberá trofeos para os dez primeiros clasificados, ademais de premios tamén para a primeira parella de Lugo e galardóns ás federacións que aporten cinco ou máis parellas á competición.

Este torneo está xa enraizado na cidade e nel participan xogadores federados, varios deles pertencentes ao Club de Bridge de Lugo, que organiza dous encontros semanais, un no Círculo das Artes e outro no hotel Méndez Núñez. Este colectivo está barallando poñer en marcha iniciativas para difundir o bridge pola provincia. 

Comentarios