El teatro de Buxiganga llevará 250 actores a 59 villas

Membros do grupo Rebuldeira de Sarria, con Mario Outeiro, na presentación de Buxiganga (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Membros do grupo Rebuldeira de Sarria, con Mario Outeiro, na presentación de Buxiganga (Foto: Sebas Senande)

O programa Buxiganga, que organiza a área de cultura e turismo da Deputación Provincial, porá en escea a máis de 250 actores na súa cuarta tempada. Organizados en 24 grupos, realizarán un total de 69 funcións por 59 localidades de Lugo.

O obxectivo do programa Buxiganga é revitalizar o teatro afeccionado. O deputado responsable de cultura e turismo, Mario Outeiro, considera que esa finalidade estase cumprindo, pois na primeira edición participaron doce grupos e na actual hai 24, moitos deles constituídos co aliciente de participar no circuíto. «Podemos afirmar sen dúbida que Buxiganga funciona como alicerce da creación de grupos de teatro. Este ano temos cinco novos», apuntou Outeiro.

Calendario

Alfoz A Rabela: Noivos por internet (3/11)
Antas de Ulla Grupo Rebuldeira: O velorio (27/10)
Baralla Pinchacarneiro: Os perseguidores de soños (27/10)
Barreiros A Adala: Enredos (28/10) / Ardora: Nécoras verdes (3/11) / Pinchacarneiro: Os perseguidores de soños (27/10) / Grupo de teatro de Ribadeo: Lisístrata (24/11)
Becerreá A Rabela: Noivos por internet (15/9)
Begonte Batán: A forza dos soños (19/5) / Hipócrita Teatro: unha historia con pau (7/7)
Bóveda Teatro Monart: Kasi circo (23/6) / Nostrum Cai: Radio Universo (8/9)
Burela Teatro Monart: Kasi circo (29/9) / Nostrum Cai: Radio Universo (27/10) / Alentía: O bosque da poesía (17/11)
Carballedo Axóuxeres: Véndese Mula/A Pousada (27/10)
Castroverde Nova Escena: A herdanza da tía Constanza (16/6)
Castro de Rei Do Miolo e Cía: A familia... (20/10) / Axóuxeres (28/10)
Cervo Batán: A forza dos soños (17/6) / Raiolas: O chufón (29/9) / Metátase: Bolboretas (20/10) / Do Miolo e Cía: A familia... (27/10)
Cospeito Teatro Monart: Kasi circo (12/5) / Zampalladas: Os vellos non deben de namorarse (9/6)
O Corgo Nova Escena: A herdanza da tía Constanza (29/9) / Teatro Hospital de Lugo: O anel máxico (10/11)
A Fonsagrada A Adala: Enredos (6/10)
Foz A Rabela: Noivos por internet (28/10)
Guitiriz Nova Escena: A herdanza da tía Constanza (15/9)
Guntín Falcatrueiros: O método Grönholm (2/9)
O Incio Achádego: As alegres comadres (9/6) / Pinchacarneiro: Os perseguidores de soños (13/10)
Láncara Raiolas: O chufón (24/11)
Lugo O Bordelo: Querencia (8/6) / Nostrum Cai: Radio Universo (22/9)
Meira Palimoquiños: Os Miserables (13/5) / Alentía: O bosque da poesía (23/6) / Biblioteca Municipal de Antas de Ulla: Godot (20/10)
As Nogais Achádego: As alegres comadres (3/11)
Outeiro de Rei O Bordelo: Querencia (17/11)
Palas de Rei Palimoquiños: Os Miserables (16/6)
Pantón Teatro Hospital de Lugo: O anel máxico (25/11)
Paradela Metátase: O país da auga (13/5)
A Pastoriza Batán: A forza dos soños (10/11)
A Pobra do Brollón Hipócrita Teatro: Unha historia con pau (8/7) / Falcatrueiros: O médico Grönholm (13/10)
Pol Zampalladas: Os vellos non deben de namorarse (2/6) / Rebuldeira: O velorio (20/10)
Portomarín Alentía: O bosque da poesía (1/9)
Quiroga Hipócrita Teatro: Unha historia con pau (27/10)
Rábade Teatro Hospital de Lugo: O anel máxico (30/6)
Ribadeo Metátase: Bolboretas (28/10) / Palimoquiños: Os Miserables (11/11)
Ribas de Sil Parápono Teatro: O reo (27/10)
Riotorto Zampalladas: Os vellos non deben de namorarse (12/5) / Biblioteca Municipal de Antas de Ulla: Godot (15/9) / Grupo de Teatro de Ribadeo: Lisístrata (10/11)
Samos Rebuldeira: O velorio (7/7)
Sarria Parápono Teatro: O reo (22/9) / Biblioteca Municipal de Antas de Ulla: Godot (17/11) / O Bordelo: Querencia (24/11)
O Saviñao Do Miolo e Cía: A familia... (29/9)
Sober Achádego: As alegres comadres (10/11)
Taboada Falcatrueiros: O método Grönholm (1/9)
O Vicedo Axóuxeres: Véndese mula (7/7) / A Adala: Enredos (24/11)
Viveiro Raiolas: O chufón (6/10) / Parápono Teatro: O reo (13/10) / Grupo de Teatro de Ribadeo: Lisístrata (20/10)

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios