''O talento vai por dentro, pero hai que formarse''

Xosé María Vigo, con algúns dos seus traballos. (TOÑO PARGA)
photo_camera Xosé María Vigo, con algúns dos seus traballos. (TOÑO PARGA)

 XOSÉ MARÍA VIGO é un veciño de Rubián ao que a crise económica lle cambiou por completo a vida. Despois de levar unha granxa de porcino, fai case tres anos quedou no paro e tivo que buscar unha nova actividade. A escultura en pedra foi ó primeiro coma un pasatempo, pero vai camiño de convertirse nun modo de vida.

Como comeza Xosé María Vigo a esculpir?

Fai case tres anos quedei sen emprego, traballaba nunha granxa e fun ao paro. Daquelas fixen unha viaxe a Barcelona e estiven no parque Güell e noutros puntos da cidade. Quedei impresionado pola obra de Gaudí, tanto polo propio parque coma polas casas que fixo. Quedoume iso dentro e cando volvín non me resistín a probar o mundo da escultura.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios