Cita con las urnas para escoger un nuevo líder

O socialismo galego afronta mañá unha cita histórica. Por vez primeira, a militancia poderá escoller a través dun voto secreto, individual e en urna o que quere que sexa o seu líder nos vindeiros anos. E non é un tema baladí; o novo responsable do PSdeG que remude a Pachi Vázquez ten por diante a difícil tarefa de curar as feridas abertas nestes últimos anos no seo do partido, algunhas tan fondas que parecen non ter unha cura sinxela.

Nesta sorte de primarias da militancia, cuxo resultado deberá ratificar o vindeiro día 29 o congreso extraordinario do Partido Socialista de Galicia, o lucense José Ramón Gómez Besteiro parte como claro favorito fronte ao seu rival, Manel Vázquez, alcalde da Illa de Arousa. Eles son os dous únicos aspirantes... Dous homes para un único destino: reunificar o socialismo galego.

Á hora de reunir os avais para poder concorrer a este proceso impulsado pola directiva saínte –un gran triunfo democrático e orgánico do que se gaba Pachi Vázquez e que o enfrontou a Ferraz en máis dunha ocasión–  xa Besteiro logrou uns 5.400, fronte aos 1.400 do seu contrincante, o que dá boa mostra de que todas as quinielas están co lucense.

De feito, el foi o primeiro en confirmar oficialmente que optaría á secretaría xeral do PSdeG, aló por decembro de 2012. Desde entón dedicouse a visitar agrupacións e militantes e, pouco a puco, foi sumando apoios públicos notables á súa causa: José Blanco, Francisco Caamaño, a corriente Novo Socialismo –con importantes nomes como Leiceaga, Mar Barcón, Iván Puentes...–, etc.

O camiño de Manel Vázquez, pola súa banda, foi algo máis complexo. Empezou a carreira máis tarde, tardou en lograr os avais –incluso se di que recibiu o apoio do aparato e de Pachi Vázquez para conseguilos– e a súa repercusión e proxección é menor que a do seu rival. ¿Por que? El é alcalde dun pequeño concello e Besteiro dispón dunha Deputación e, consecuentemente, unha provincia.

Polo demais, durante a campaña, na que ao final non houbo debate, primou a deportividade entre os dous. De feito, boa parte do seu discurso e programa coincide: os dous queren reconstruir o partido, reunificalo e abrir unha nova etapa cun xiro á esquerda, máis en clave galega e, sobre todo, con maior protagonismo da militancia. Tamén defenden reforzar o sector público e achegan medidas similares en favor da transparencia e o control do PSdeG.

Agora os militantes terán a palabra, mañá, nun proceso “pioneiro” en España e que situará o PSdeG “na vangarda” da democracia interna, di Pachi Vázquez.

Comentarios