O Sil para unir, non para dividir

AS PROVINCIAS de Lugo e Ourense viven de costas unha cara a outra. Parece como se o Sil fose unha fronteira insuperable e á parte dos que viven pola zona pouco lles di Montederramo, A Peroxa ou Esgos. Atreveríame incluso a dicir que nin a maioría dos que habitan na Ribeira Sacra lucense saben ubicar no mapa estes lugares a pesar da cercanía, de que a paisaxe é similar, os intereses económicos comúns e ata compartir o nome. Recente, si, pero un sinal de identidade que debería afortalar os nexos máis ca separar as diferenzas. E niso chega unha boa escusa para potenciar a unión, a pretensión de converterse en Patrimonio da Humanidade; pero non vaia ser que os intereses políticos acaben por esfarelar un proxecto ilusionante, porque ata agora nos concellos aprézanse máis dúbidas que abnegación, e entre as deputacións hai temores. Así dificilmente faremos chegar o batuxo a bo porto.

Comentarios