martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

O seu nome

''Pénsase erroneamente que o espertar da conciencia coincide co intre do noso primeiro nacemento, se cadra porque non damos imaxinado outro estado vivo que non sexa ese. Cremos que sempre vimos e sentimos e seguros desa crenza, identificamos nesa vinda ao mundo o intre decisivo en que nace a conciencia. Que, durante cinco anos, unha pícara chamada Renée, mecanismo perceptivo operativo dotado de vista, oído, olfacto, gusto e tacto, puidese vivir na perfecta inconsciencia de si mesma e do universo desmente tan apresurada teoría. Pois para que a consciencia xurda, cómpre un nome''.

Talvez o mesmo que lle aconteceu a Renée a protagonista da novela 'A elegancia do ourizo' lle aconteceu a María. Talvez un día a unha hora calquera soubo que os celos do seu home eran desproporcionados. Talvez a consciencia chegou dacabalo dalgún minuto inusitado e soubo que ela era alguén e non só a posesión doutro, por moito anel conxugal que os unise.

Talvez María dixo son María, son eu poucos segundos antes de morrer. Isto nunca o saberemos porque o seu home acabou con ela elevando a dez –que saibamos- as vítimas da violencia machista neste 2009. Pero María por moito que a negasen foi María. A reiteración do seu nome, a turrona defensa da súa consciencia.

O seu nome
Comentarios