jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

O Seminario de Estudos presenta a novela de José Romano sobre represión e exilio

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro presenta hoxe a primeira novela do escritor arxentino José Romano, titulada ‘Espejos de dolor’, en cuxa trama entrelaza a represión franquista, o exilio e a dictadura do seu país natal a través de distintos personaxes, un deles con base real, como é o seu propio avó, alcalde republicano no municipio madrileño de Morata de Tajuña. Trata tamén un tema moi de actualidade en España, como é o roubo de bebés, pero neste caso na Arxentina.

A presentación do libro será no bar La Biblioteca de Viveiro esta tarde a partir das oito e media.

Sendeirismo

Por outra banda, o Seminario de Estudos organiza para este domingo unha ruta de sendeirismo ó Monte Castelo, aproveitando a festa de San Martiño do Castelo. A saída será ás nove da mañá da Praza de Lugo e poden participar tódalas persoas que o desexen, que poden levar a súa propia comida.

O Seminario de Estudos presenta a novela de José Romano sobre...
Comentarios