El secreto mejor guardado de Nogueira

Interior do templo de Nogueira e o muro norte no que se descubriu o mural (Foto: Toño Parga)
photo_camera Interior do templo de Nogueira e o muro norte no que se descubriu o mural (Foto: Toño Parga)

Debaixo do cal das paredes Santa María de Nogueira de Miño (Chantada) agóchase, máis ben agochábase, un segredo: unhas pinturas murais de grandes dimensións e de carácter único en Galicia.

Tíñase constancia delas fai moito tempo pero foi no 2007 cando despois dunhas obras de retellado do templo se realizaron unhas catas que confirmaron que había pinturas nos muros norte e sur do templo, no presbiterio e na propia bóveda do presbiterio. Comezaron os estudos e fai cinco meses a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia aportou 42.000 euros para sacar á luz as pinturas correspondentes ó muro norte, que pola súa orientación se temía que eran as que podían estar en maior risco de deterioro.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios