El renacer del folclore en Foz

Actuación do grupo no centro social focense. (Foto: Antonio López)
photo_camera Actuación do grupo no centro social focense. (Foto: Antonio López)

Aquilo que naceu como unha maneira de pasar o tempo converteuse co paso dos meses en Andaravío, a nova asociación folclórica e cultural de Foz. «Empezamos a xuntarnos un grupo de xente que xa bailara e cantara en grupos con outras persoas que non tiñan experiencia nisto, pero que lles gustaba, e xuntanza tras xuntanza naceu a asociación», explica Ana Gonzalves, que forma parte da directiva e engade que «moita xente tómao como unha diversión, outra como un xeito de facer deporte e tamén como unha maneira de saír da rutina».

Andaravío non é un grupo folclórico ó uso, xa que xorde das ganas dos seus integrantes de recuperar e conservar a tradición da música galega, pero tamén da idea de facer del un lugar onde a xente disfrute. «Con toda a situación actual, moitas persoas o que precisan é esquecer o día a día e durante os nosos ensaios conséguese», asegura Ana, que explica que incluso o nome se fixo pensando na ledicia. «Foi a proposta dunha compañeira e gustounos como soa, porque aínda que non significa alegría si que che fai pensar niso e ademáis tamén é unha maneira de facer partícipes ós nenos, porque o andaravío é un xoguete infantil».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios