El regreso del folclore gallego

Alfredo González y José Romero (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Alfredo González y José Romero (Foto: Pepe Álvez)

Moitos son os galegos que tiveron que marchar da súa terra natal en busca dun mellor porvir e estes mesmos son os que agora no verán retornan ás súas aldeas e cidades galegas para pasar as vacacións.A todos eles vai adicado un dos concertos do conxunto musical encabezado polo cantautor Alfredo González Vilela, exintegrante do grupo «que revolucionou a música dos 80» os Petapouco. Esta actuación terá lugar o próximo día 19 na comarca dos Ancares a partir das 18.30 horas.

«O día 19 estaremos alí para dedicarlles a actuación a todos aqueles emigrados que regresan por estas datas e para ofrecerlles o folclore tradicional galego con profundidade de mensaxe», segundo comentou o Alfredo González Vilela.

Esta actuación é unha das moitas que ofrece o grupo e na que se mestura «a música de cantautor  con instrumentos como a gaita e o acordeón para conseguir un concerto variado», como afirmou o cantautor.

O conxunto musical que percorrerá Galicia está formado polo poeta e gaiteiro Xesús Galán, pola poeta e rapsoda Sara Ferández e polo acordeonista José Romero, que acompañan ao cantautor Alfredo González.

Este grupo de desterrados en Barcelona ofrece esta xira gratuíta «por amor á terra», co fin de «recuperar os costumes propios de Galica, así como o folclore tradicional galego», que actualmente se está perdendo nas festas.

Os integrantes non todos son galegos. É a condición da poeta Sara Fernández nada na provincia de León. O resto de membros son de O Courel, de Becerreá e de Navia de Suarna. Entre o repertorio que integra cada un dos concertos atópanse cantigas do cantautor do grupo, ademais de poemas de autores galegos por execelencia como Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas e mesmo Curros Enríquez.

Por outra banda, tamén teñen cabida os poemarios de conciencia social de autores casteláns. Entre estes, García Lorca, Antonio Machado, Rafael Alberti e Miguel Hernández ao cal lle adicaron algúns concertos exclusivos con motivo do aniversario do seu nacemento durante o ano pasado.

Máis concertos

O conxunto continuará coa súa xira folclórica despois de compartir escenario con Rosa Cedrón o pasado día 7 no festival do Filándón. Esta cita tivo lugar na Ferrería de Seoane do Courel, un lugar «estratéxico no que fai anos se elaboraban diferentes tipos de armas».

Deste xeito, estarán en concerto na Festa da Gaita de Quintá da Cancelada, Becerreá, que se celebrará o día 13 de agosto. Por outro lado, o día 27 de agosto estarán, tamén na parroquia de Quintá, con motivo do II Campo de Traballo Internacional Castaño e nogal que organiza a Asociación Castaño e Nogal co fin de agradecer o traballo dos voluntarios e cooperantes do Sendeiro de Quintá, ao longo do río Donsal.

Xa en solitario, o cantautor Alfredo González Vilela será o encargado de amenizar a misa maior en galego o día 24 de agosto na parroquia de Hospital, lugar próximo a Folgoso do Courel. Desta maneira, o intérprete do conxunto ofrecerá unha misa cantada con letra propia que pasou por supervisión eclesiástica e coa que recorda os seus estudos de Teoloxía e Filosofía e Letras.

Comentarios