Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

O raposo Monchiño, a curiosa mascota dun asador de Rianxo

Monchiño, no mesón ao que acode todas as noites en busca de comida
Monchiño, no mesón ao que acode todas as noites en busca de comida
O animal acode todas as noites ao mesón en busca da súa ración de churrasco. "O polo non lle vai", asegura o hosteleiro, que xa coñece os seus gustos á perfección

Desde hai algo máis dun mes, un asador situado en Araño, Rianxo, conta cun cliente pouco habitual. Trátase de Monchiño, un raposo que unha noite de agosto entrou no restaurante en busca de comida.

Cando os clientes avisaron da presenza do animal, Carlos, o dono do mesón, decidiu darlle un pouco de churrasco. "Boteille de comer, colleu a comida e marchou con ela. Aos dez minutos veu a buscar máis", declarou o hosteleiro á TVG.

Desde aquel día, o raposo aparece todos os días no establecemento, entre as dez e as once da noite, para tomar a súa ración. "Entra pola porta principal ou, se ve que hai moita xente, entra pola outra. Vai comer ó aparcadero e cando acaba volve por máis, ata catro ou cinco veces", asegura Carlos.

En canto aos seus gustos, o dono deste mesón afirma que Monchiño se decanta polo churrasco. "O outro día dinlle o pescozo dun polo pero volveu con el de volta. O polo non lle vai", asegura Carlos, que o día de San Ramón quixo ter un detalle co animal e deulle unhas magdalenas. "E tamén lle gustaron", afirma.

Monchiño fíxose querer neste mesón de Araño, onde cada noite o agardan "para pasar un pouco de tempo con el".

O raposo Monchiño, a curiosa mascota dun asador de Rianxo
Comentarios